Os alumnos de 1º e 2º de primaria seguimos traballando no noso proxecto plántate! á vez que os demais centros GOA.
Fomos auténticos investigadores xa que en grupos cooperativos diseccionamos flores para coñecer e identificar cales son as súas partes. Usamos a camelia, a cala e a bugambilla.
A continuación en gran grupo fixemos unha choiva de ideas para ver que partes atopamos, por exemplo o pétalo, o talo, o pole e descubrimos nomes como o pistilo ou sépalo entre outros.
Para afianzar o aprendido realizamos unha maqueta en plastilina tentando que non se nos esquecese ningunha das partes da flor.
Este foi o resultado final. Que vos parece?
No hay comentarios:
Publicar un comentario