SORPRESA!
O rato Pérez apareceu unha mañá na nosa clase.
Non sabiamos quen era e tivemos que descubrilo a través dunha carta que o acompañaba. Nesa mensaxe contábanos que era a rato Pérez e o que facía dentro da aula, e tamén contounos o seu pequeno segredo...
Non lle gusta nada viaxar en avión.
O gran problema era que tiña que chegar a Xapón o non sabía como facer. Así que puxémonos mans á obra para axudar ao rato Pérez a recorrer o mundo.
Esta situación levounos a realizar un estupendo proxecto sobre os avións, os aeroportos e todas as persoas que traballan alí.
Dentro da aula fixemos a lectura das cartas que aparecían coas nosas mascotas, tamén realizamos exposicións coa pizarra dixital sobre as partes do aeroporto e as personas que traballan alí. Aprendimos a ler un planisferio buscando os países que ían surxindo a medida que aprendíamos os contidos do proxecto. Coñecimos como se fabrican os avións, o que son os avións supersónicos e os hidroavións. Todo isto mentres aprendimos a historia da aviación a través de recursos tan bonitos como as historias de "Érase unha vez...". O produto final de todo este traballo foi a realización dunha maqueta por equipos que nos quedou fenomena.
Tras semanas de duro traballo, coas diferentes intelixencias múltiples como guías de aprendizaxe, aquí poderedes vernos en todas as fases destre proxecto conxunto entre 1º e 2º de Educación Primaria (escola, MUNCYT, aeroporto da Coruña).
Esperamos que vos guste tanto como a nós!