Durante este trimestre os alumnos de 1º e 2º de EP
estivemos a traballar no proxecto a invasión das máquinas co cal experimentamos con diversos obxectos as consecuencias das diferentes
forzas sobre a materia.
Aprendimos que para aplicar forzas servímonos de máquinas simples como a polea, a palanca, o plano inclinado e a roda, que, combinadas, dan lugar a máquinas compostas que fan que a nosa vida sexa máis doada. Para organizar toda a información aprendida elaboramos un mapa mental, así queda todo máis clariño.
Vimos que estas máquinas compostas xorden de necesidades cotiás que alguén pensou mellorar, e así van aparecendo os diversos inventos. Por equipos eliximos un invento e investígamolo, e con todas as informacións aportadas elaboramos O LIBRO DOS INVENTOS donde podemos atopar información de diferentes aparellos como o muiño, a neveira, o avión, o móvil, a tablet, a bicicleta, o coche, a tele, os robots, e ata os videoxogos.
Neste momento visitamos o MUNCYT, donde puidemos ver diferentes máquinas e os seus cambios dende que se inventaron, así puidemos comprobar que o primeiro ordenador que houbo en España era enorme, que os primeiros motores funcionaban con vapor, que os avión precisan das ás para mantaerse no ar… pero se dúbida o que máis nos gustou foi elaborar os nosos voadores e probalos e, por suposto,ver a os robots Pepesan e Marilú.
Para rematar o proxecto cada equipo elexiu entre facer una máqueta dunha máquina composta ou unha máquina como son as catapultas, mán robótica, coches, muiños, robots, unha neveira e ata un parque con diversos columpios
Estade moi pendentes de como quedarán, polo de agora prometen.