Os alumnos de 1º e 2º de EP comezamos o pasado venres o proxecto interdisciplinar A invasión das máquinas co cal experimentaremos con diversos obxectos as consecuencias das diferentes forzas sobre a materia.
Aprenderemos que para aplicar forza servímonos de máquinas simples, que combinadas dan lugar a máquinas compostas que alguén inventou, polo que tamén coñeceremos diversos inventos e os seus creadores.
Así de participativos estivemos a traballar na pasada sesión.

No hay comentarios:
Publicar un comentario