martes, 1 de octubre de 2024

Uns monstros moi especiais




Na clase de ciencias naturais,  de 1º de E. Primaria, estamos a traballar os
sentidos. Comezamos esta unidade experimentando nós mesmos diferentes
tipos de olores, texturas, falando dos nosos sabores preferidos... Comentamos
o que xa sabiamos  e descubrimos outras características que eran novas para
nós. 
Unha das actividades que fixemos foi seguir unhas instrucións para crear cada
un o seu propio monstro: tres ollos, cinco brazos, catro
orellas e dúas bocas. Pero...cando fomos presentar na clase as nosas
creacións démonos de conta que... non tiñan nariz! De xeito que comezamos a
pensar que consecuencias tería, e chegamos a moitas conclusións, algunhas
delas foron que por carecer do sentido do olfacto non poderemos ulir os nosos
olores favoritos e teremos que respirar pola boca.






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

As nosas maquetas!

Os alumnos e alumnas de 1º EP continuaron traballando na unidade "Fogar, doce fogar" e para finalizar, e traballando en parellas, ...