No segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º EP realizou un Proxecto Interdisciplinar sobre os animais chamado "Pelo, pico, pata" e levaron a cabo diferentes actividades, como por exemplo:
Os Aqua Dragons
A actividade consistía en crear artemias partindo dos seus ovos, polo que tiveron que encher una peceira con auga e comprobar que a temperatura da auga oscilaba entre 17 ºC e 27 ºC.
Despois, introduciron os ovos de artemia na auga, e pasados 2-3 días eclosionaron.
Cada día, por equipos de traballo, tiñan que alimentalos, comprobar que as condicións de temperatura e luminosidade eran as adecuadas e realizar un rexistro dos cambios que había na peceira.
Cando había baixas, gustáballes analizalas no microscopio.
O alumnado trouxo diferentes animais de peluche para clasificar. Foi moi divertido!
Os alumnos e alumnas debuxaron diferentes animais no patio e analizaron as súas características.
Clasificación descendente
O alumnado realizou unha destreza de pensamento que consistía en clasificar varios animais en diferentes categorías. De esta forma, ademáis de aprender o contido propio da materia de Ciencias Naturais, traballaron a habilidade de clasificar de forma eficaz un conxunto de elementos atendendo a diferentes categorías.
Saída de fin de Proxecto ó Centro educativo da fauna salvaxe “Córax Fauna”
Como fin do proxecto, o alumnado realizou unha visita a este centro educativo, onde estiveron en contacto coa natureza, xogaron, e observaron a fauna desde moi cerca.
Disfrutaron moitísimo!
Foi un día xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario