O pasado 17 de maio celebramos no noso centro un dos días máis importantes para nós, para a nosa literatura e para a nosa Comunidade Autónoma.
O día das Letras Galegas!
O alumnado de primaria interpretou unha canción chamada Morriña que estiveron a practicar durante moitos días na clase de música. Os pequenos de educación infantil realizaron un poema en galego que nos deixou abraiados. E, por último, os maiores da ESO recitaron unha regueifa moi bonita sobre a Paz.
A continuación vos deixamos algunhas fotos. Esperamos que vos gusten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario