En 1º levamos uns días traballando a alimentación.
Empezamos diferenciando se un alimento ten unha orixe animal, vexetal ou mineral.
Para máis tarde decidir con que frecuencia podemos tomar determinadas comidas. fixémolo dunha maneira moi divertida xa que creamos un semáforo, onde situabamos os alimentos segundo o consumo que podemos facer. O verde trátase dun consumo diario, o amarelo ten que ser moderado e o vermello un consumo moi ocasional.
É moi importante consumir froita diariamente, polo que nos convertemos en chefs por un día e creamos unhas brochetas e unha macedonia que estaba riquísima.
Antes de comezar, tivemos que lavar as mans, despois decidir que froitas tiñamos que lavar, cales pelar para despois torar e o resultado foi o que podedes ver nas seguintes imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario