viernes, 28 de enero de 2022

Celebración do día escolar da PAZ

 Hoxe no centro celebramos o día escolar da PAZ e a non violencia. 


No primeiro ciclo, quixemos elaborar un cartel no que recollemos as nosas reflexións e ideas sobre a paz. 

A través dunha sesión de interioridade e reflexión, empregando o lema escolar deste curso "Encóntra-T", pedímoslles aos rapaces e rapazas que pechasen os ollos e pensasen naquelas cousas que simbolizan para cada un deles, ese sentimento de paz. 

Despois, unha vez rematado este tempo de reflexión, cada un reflectiu nun "post-it" a idea do que era para eles a PAZ. 

Con estas actividades construtivas, motivadoras e reflexivas, o alumndo gozou e aprendeu algúns dos valores que xiran arredor deste concepto. 

Este é o resultado. 


Esperamos que vos guste!













No hay comentarios:

Publicar un comentario

Proxecto interdisciplinar Pelo- pico- pata 1º e 2º EP

 No segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º EP realizou un Proxecto Interdisciplinar sobre os animais chamado "Pelo, pico, pata" ...