miércoles, 24 de abril de 2024

Proxecto interdisciplinar Pelo- pico- pata 1º e 2º EP

 No segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º EP realizou un Proxecto Interdisciplinar sobre os animais chamado "Pelo, pico, pata" e levaron a cabo diferentes actividades, como por exemplo:  


                                                                                                         Os Aqua Dragons

                                     A actividade consistía en crear artemias partindo dos seus ovos, polo que tiveron que encher una peceira con auga e comprobar que a temperatura da auga oscilaba entre 17 ºC e 27 ºC.

Despois, introduciron os ovos de artemia na auga, e pasados 2-3 días eclosionaron.

Cada día, por equipos de traballo, tiñan que alimentalos, comprobar que as condicións de temperatura e luminosidade eran as adecuadas e realizar un rexistro dos cambios que había na peceira. 

Cando había baixas, gustáballes analizalas no microscopio.





 



 Clasificación de animais de xoguete:

O alumnado trouxo diferentes animais de peluche para clasificar. Foi moi divertido!










Debuxamos!

Os alumnos e alumnas debuxaron diferentes animais no patio e analizaron as súas características.







    Clasificación descendente

O alumnado realizou unha destreza de pensamento que consistía en clasificar varios animais en diferentes categorías. De esta forma, ademáis de aprender o contido propio da materia de Ciencias Naturais, traballaron a habilidade de clasificar de forma eficaz un conxunto de elementos atendendo a diferentes categorías.











Saída de fin de Proxecto ó Centro educativo da fauna salvaxe “Córax Fauna”

Como fin do proxecto, o alumnado realizou unha visita a este centro educativo, onde estiveron en contacto coa natureza, xogaron, e observaron a fauna desde moi cerca. 

Disfrutaron moitísimo!

Foi un día xenial!






















martes, 12 de marzo de 2024

Os meses do ano

 


Na clase de 1° EP, para aprender os meses do ano en galego, traballamos con actividades motivadoras e interdisciplinares:






Son uns artistas!

EDUCACIÓN EMOCIONAL E MÚSICA

O BAILE DAS EMOCIÓNS
A educación emocional axúdanos a xestionar as emocións, lograr obxectivos , empatizar cos demáis e afrontar mellor os retos e decisións. É importante que os nenos e nenas  saiban identificar as emocións e que lles aportemos as ferramentas necesarias para encarar as distintas situacións que se lles presentan para non frustrarse. E que mellor que facelo cantando e bailando??









Ao alumnado de 1º encántalle bailar  e cantar o noso "Baile de las emociones"😡😀😐😒😠




 

 

Proxecto interdisciplinar Pelo- pico- pata 1º e 2º EP

 No segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º EP realizou un Proxecto Interdisciplinar sobre os animais chamado "Pelo, pico, pata" ...