sábado, 14 de marzo de 2020

PROXECTO PLÁNTATE




Os alumnos de 1º e 2º de primaria seguimos traballando no noso proxecto plántate! á vez que os demais centros GOA. Fomos auténticos investigadores xa que en grupos cooperativos diseccionamos flores para coñecer e identificar cales son as súas partes. Usamos a camelia, a cala e a bugambilla.





A continuación en gran grupo fixemos unha choiva de ideas para ver que partes atopamos, por exemplo o pétalo, o talo, o pole e descubrimos nomes como o pistilo ou sépalo entre outros. Para afianzar o aprendido realizamos unha maqueta en plastilina tentando que non se nos esquecese ningunha das partes da flor.






Este foi o resultado final. Que vos parece?





Proxecto interdisciplinar Pelo- pico- pata 1º e 2º EP

 No segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º EP realizou un Proxecto Interdisciplinar sobre os animais chamado "Pelo, pico, pata" ...