martes, 7 de noviembre de 2017

A INVASIÓN DAS MÁQUINAS

Os alumnos de 1º e 2º de EP comezamos o pasado venres o proxecto interdisciplinar A invasión das máquinas  co cal experimentaremos con diversos obxectos as consecuencias das diferentes forzas sobre a materia.

Aprenderemos que para aplicar forza servímonos de máquinas simples, que combinadas dan lugar a máquinas compostas que alguén inventou, polo que tamén coñeceremos diversos inventos e os seus creadores.

Así de participativos estivemos a traballar na pasada sesión.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Proxecto interdisciplinar Pelo- pico- pata 1º e 2º EP

 No segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º EP realizou un Proxecto Interdisciplinar sobre os animais chamado "Pelo, pico, pata" ...