lunes, 7 de noviembre de 2016

Rematamos o proxecto EU NO MUNDO

Hoxe os alumnos de 1º EP rematamos o proxecto de Ciencias Sociais Eu no mundo facendo as nosas dianas de autoavaliación.


O proxecto comexou recordando as nosas familias a través da árbore xenealóxica feita con Manolita en EI. Pensamos aue as familias tiñan unha casa,





 partindo da nosa experiencia fumos vendo que partes tiñan as casa e de que podían estar feitas e preguntámosnos se todas as familias do mundo terian viventas semellanteas ás nosas, e así, tras investigar moito vimos que existen múltiples tipos de vivendas coma tipis, jaimas, casas flotantes, bloques de pisos, granxas, caravanas, casas unifamiliares, iglús...






 e ademáis estaban feitas de materiais tan diversos como tea, xeo, madeira ladrillo,... Vaia casas máis chulas!!!





 Pero seguimos a pensar e a pensar imaxinando e poñendo en práctica o aprendido e convertémonos en deseñadores de casas, pero non de unhas casas calquera, senón de csas do futuro. MIrade que chulas!!!


Tras ver moito as casas e ver que nelas pasabamos moito tempo, tamén decatámonos que o cole era un lugar no que tamén estabamos moito tempo e que os nosos compañeiros e profes eran coma unha familia, por iso fixemos un percorrido do cole e vimos as súas partes que representamos na destreza O Todo e as Partes.

Foi un proxecto chulísimo, e iso que só foi o primeiro. Invitámosvos a ver o resultado no pasillo do noso andar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Proxecto interdisciplinar Pelo- pico- pata 1º e 2º EP

 No segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º EP realizou un Proxecto Interdisciplinar sobre os animais chamado "Pelo, pico, pata" ...