martes, 16 de octubre de 2018

Encántanos o cole

Bos días!
Estamos a traballar en Ciencias Sociais o tema "Gústame o colexio". 
Esta entrada do blog está a ser escrita por todos os alumnos de 1º de primaria. 

Neste tema, entre outras cousas,  fixemos un mural clasificando material escolar.



Tamén realizamos unha visita polo colexio para coñecer todas as súas partes. Estivemos na biblioteca, na clase, no campo de fútbol, no patio, no ximnasio, no banco de merendar, na árbore da lectura, nos aseos... Para poder facer a "excursión" tiñamos unha serie de condicións, como camiñar coa nosa parella sen soltarnos, estar polo cole sen facer barullo e colocarnos para a foto con tranquilidade.









Estivemos a falar e algunhas das cousas que nos gustan do cole son: xogar ao fútbol, poder ver aos nosos irmáns e irmás, aprender, xadrez, estudar galego, os profes novos, cantar polas mañás antes de subir a clase, comedor e xogar cos amigos.

Isto é todo por hoxe, outro día seguimos contando aventuras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Proxecto interdisciplinar Pelo- pico- pata 1º e 2º EP

 No segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º EP realizou un Proxecto Interdisciplinar sobre os animais chamado "Pelo, pico, pata" ...